Preguntas frecuentes sobre porteo

Colo, liberdade e benestar

Preguntas frecuentes sobre porteo

30/01/2019 A partir de 6 meses Recen nacido Toddler 0

Pode ser que queirades portear pero que teñades algunhas dúbidas sobre o que é cargar á vosa crianza nun portabebés. A continuación, algunhas das preguntas máis frecuentes.

Cando podo empezar a portear?

Dende o nacemento.

Teu bebé necesita ser levado, é unha necesidade vital. O porteo daralle seguridade e a vós devolveravos as mans. Para facelo con garantías, elixe o portabebés que mellor se axuste ás necesidades de teu bebé (fular, bandoleira, mochila evolutiva…) e busca asesoramento. Un portabebé ergonómico axeitado, sempre respectará a postura fisiolóxica d@ bebé e garantizará o seu benestar e a túa comodidade.

Teño tendencia a sufrir dores de espalda, podo portear?

Si, podes.

O uso dun portabebé ergonómico permitirá integrar o peso do bebé co centro de gravidade do porteador. Isto ten que ver co feito de que o peso se reparte entre cadeiras e ombros de forma que a musculatura do tronco responde de forma máis equilibrada. Un bebé en brazos, a plomo, obriga a que cambiemos a nosa postura óptima e carga de peso brazos, espalda, cadeiras e pescozo. Cando porteamos, o peso do bebé sopórtao toda a tea, repartíndose de forma homoxénea  e axeitada por todo o noso tronco.

 

Que non debo facer mentras porteo?

Actividades que supoñan un risco para @ bebé porteado

Sentido común. Algo que non farías durante o embarazo por resultar riscoso para ti e para @ bebé, tampouco o deberas facer porteando. Un bebé no ventre materno está moi protexido, moito máis que cando é portead@. Así que andar en bicicleta, patinar, montar a cabalo… convértense en actividades de risco. Por suposto, no coche @ bebé sempre viaxará no sistema de retención infantil axeitado. No caso de empregar o transporte público, soe ser máis cómodo portear diante que ás costas. Se viaxas c@ bebé diante, colócate no sentido contrario á marcha do vehículo. En caso de frenazo, teu corpo absorberá o impacto.

 

Cal é  mellor portabebés

Todos e ningún

Partindo da base de que o mellor portabebé será sempre ergonómico, O MELLOR será aquel que cubra as vosas necesidades e ás d@ vos@ bebé en cada momento. Unha mochila preformada pode ser a mellor opción se tes un bebé de 6 meses e queres algo confortable para portear durante periodos medios/longos; pero será unha mala opción se o que queres é levar ao teu bebé recén nacido. É importante que saibades que non hai un que se adapte á perfección a todas as etapas e momentos nos que ides portear. A nosa suxerencia é que busquedes o que necesitades en cada momento. Para iso, falade cunha asesora que poida descifrar o que necesitades e que vos axude a sacar todo o partido á opción que elixades.

 

Durante canto tempo vou portear?

Empregando o portabebés axeitado, durante moito tempo.

Sempre que iso sexa o que @s dúas queirades. Respeta as necesidades da túa crianza. Déixaa camiñar cando o necesite e súbea á mochila cando cho demande. Trátase de que o porteo vos axude no día a día, non que sexa unha obriga nin algo latoso para vós. Pasaredes por moitas fases: o primeiros meses, portearedes durante horas, todos os días. A partir de que comezan a camiñar, a cousa cambiará. Irase espaciando a frecuencia e pasaredes a empregar o porteo como ferramenta cando quere colo.

E tanto colo, non será malo?

Non, non é malo. É moi beneficioso.


Cando un bebé nace, precisa contacto. É un mecanismo instintivo que garantiza a súa supervivencia. Levalos no colo axúdaos a medrar como persoas fortes, seguras e autónomas. A quedarse no berce,  é ao que se acostuman, resignad@s. Canto máis colo lles deamos, máis independentes medrarán porque saberán cubertas súas necesidades básicas de afecto e coidado, ás que lles permiten lanzarse a descubrir o mundo con tranquilidade.

E no verán… Non dan demasiado calor? 

O feito de estar pegados un a outro é o que nos dá máis calor. Evitaremos estar pel con pel, empregaremos un fío de tecido orgánico e transpirable entre os nosos corpos. Cando son portead@s, @s bebés son capaces de regular antes a súa temperatura.

 

Non van demasiado apretad@s?

Os portabebés tradicionais manteñen a postura que, de xeito natural, adopta @ bebé. Ven de sair do útero, dun espazo moi reducido no que permanecía en posición fetal, coas súas pernas flexionadas e a súa espalda arqueada en forma de C. Esa é a posición que ten @ bebé cando o tes no colo e é a que debe manter dentro do portabebés.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *