A que nos referimos cando falamos de PORTEO ERGONÓMICO?
Porteo ergonómico é todo aquel que se adapta á postura fisolóxica do recén nacido, sen forzala nin modificala. Aporta a tensión e axuste que o bebé necesita, dá soporte á súa cabeza e mantén vías respiratorias despexadas
LER MÁIS
PORTEO ERGONÓMICO É PORTEO SEGURO

ILUSTRACIÓNS DE PORTEO
DESCUBRE MÁIS
O PORTEO AO LONGO DA HISTORIA
DESCUBRE MÁIS
PORTEAR A DIARIO
DESCUBRE MÁISSomos Gaia Ecocrianza
Gaia é tenda de puericultura ecolóxica e espazo de actividades dirixidas a mamás&papás e bebés na etapa 0-5 anos.
Ofrecemos só produtos ecolóxicos, reciclables, biosustentables e/ou biodegradables. Temos os mellores produtos do mercado, coidadosamente seleccionados; todo o que as nais&pais e os bebés precisan ata os tres anos de vida (cueiros, porteo, xoguetes, alimentación, roupa e calzado, cosmética…) Fomentamos unha forma de consumo sostible e responsable e por iso impulsamos un mercado de segunda man dos artigos que mellor coñecemos: cueiros lavables, porteo, libros de crianza e xoguetes de madeira.
Detrás de Gaia estamos Sonia, Miriam e Elena, tres nais que nos xuntamos arredor deste proxecto cooperativo. Cada unha de nós ven de ámbitos distintos (enxeñería informática, dereito e xornalismo) pero temos en común unha cousa: a maternidade cambiou a nosa forma de ver o mundo e de vernos a nós mesmas. Cando decidimos ser nais non podiamos imaxinar ata que punto íamos necesitar estar cxs nosxs fillxs. E estar significa, permanecer xunto a elxs, acompañalxs no seu crecemento. Conciliar, como case sempre, significaba “renunciar a…” e decidimos que ao único que non íamos renunciar era á crianza dxs nosxs fillxs.
+3744
FAMILIAS ASESORADAS
15000
HORAS DE EXPERIENCIA
3
ASESORAS
Últimas publicacións

Tipos de portabebés ergonómicos
Facendo un resumen moi básico poderíamos falar de 5 tipos de portabebés ergonómicos distintos: fulares elásticos ou semielásticos, fulares tecidos ou ríxidos, bandoleiras, mei tais e mochilas ergonómicas. Imos[…]
Read more
Preguntas frecuentes sobre porteo
Pode ser que queirades portear pero que teñades algunhas dúbidas sobre o que é cargar á vosa crianza nun portabebés. A continuación, algunhas das preguntas máis frecuentes.
Read more
Coleo seguro, Coleo ergonómico
Cando falamos de coleo seguro en recén nacid@s, hai algunhas consideracións que temos que ter en conta á hora de elixir un portabebés. A primeira é que non calquera opción[…]
Read more