Porteo seguro, porteo ergonómico

Colo, liberdade e benestar

Porteo seguro, porteo ergonómico

27/01/2019 Recen nacido 0

Cando falamos de porteo seguro en recén nacid@s, hai algunhas consideracións que temos que ter en conta á hora de elixir un portabebé.

Postura fisiolóxica. Debe respectar a portura natural d@ bebé. Un bo portabebé será o que permita que @ bebé manteña a súa posición ranita, respectando a curvatura natural da súa espalda (en cifosis total no momento do nacemento e evolucionando ata lordosis lumbar hacia os 12 ou 14 meses)

Evolución do bebé e portabebés axeitados en cada etapa

Pelve basculada. A pelve d@ bebé estará basculada cara adiante, co seu periné parcialmente apoiado no porteador. Deste xeito garantimos a correcta posición de espalda en C e pernas en M

Bo axuste. O bebé ten que estar axustado de forma que se me inclino cara adiante non se separe do meu peito. Así terá a tensión que precisa para manterse en posición erguida e quen portea non correrá o risco de perder o equilibrio pola folgura que puidera existir entre o corpo de ambos. Esta tensión é moi importante para garantir que as vías respiratorias permanezan despexadas. Demasiada folgura provocará que a espalda do bebé, que carece dunha musculatura desenvolvida, se redondee en exceso. Nese caso, o seu queixo podería bater no seu peito, provocando obstrucción na tráquea e converténdose nun risco para a correcta entrada de aire.

Axuste con fular tecido

 

Altura correcta. No caso de bebés recén nacid@s será a que sitúe as súas nádegas por riba do embigo de quen portea. Sabemos que a tensión do portabebé é correcta sempre que a súa cabeza quede á altura dun bico. A altura é importante tamén para que a persoa que portea non vexa desprazado o seu centro de gravidade.

 

Bo soporte para a cabeza. A cabeza d@ recén nacid@ quedará suxeita polo portabebé. É habitual que un bebé non deixe que lle cubramos a cabeza ata que queda durmido. É nese momento cando deberemos darlle soporte á cabeza cubríndoa polo menos ata a altura das orellas. A medida que a crianza medra, a altura á que chegará o panel do portabebé (sexa fular ou bandoleira) irá variando: ata a caluga (0-6 meses), ata os ombros (a partir dos 6 meses), a metade de espalda (cando xa é quen de manterse ergid@ por si mesm@ e quere empezar a descubrir o mundo), como asento (para nen@s xa grandes que precisan só un apoio para sentarse)

 

Cando o bebé queda durmido é doado tapar a súa cabeza

 

De cara ao porteador. A rexión abdominal d@ bebé debe estar en contacto co corpo de quen portea, nunca o costado ou a espalda. Mirar cara ao frente provocará:

  • Incorrecta posición de espalda e cadeira.
  • Colgado do pube, cargando todo o peso sobre os xenitais e a zona lumbar.
  • Dificulta a termorregulación d@ bebé.
  • Non hai forma de suxeitar correctamente a cabeza d@ bebé.
  • Provoca unha sobre excitación e sensación de perigo innecesaria.
  • Non reparten o peso de forma axeitada.
  • Ao non levar o peso do bebé ben integrado, aumenta o risco de caídas.

Portear mirando al frente, NUNCA

 

Non hai un único portabebés perfecto. Cada un ten o seu momento, de acordo ás necesidades de quen portea e d@ bebé portead@. A mellor forma de atinar co teu portabebés é achegarte a un lugar onde vos poidan asesorar, onde escoiten como é o voso día a día e poidades probar as mellores opcións.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *